Torneos suízos
En curso |
---|
Comeza pronto | |||
---|---|---|---|
Rapid Incrementpor Блицоры | 7 roldas7+2 • Rápidas • Puntuado | 0 | |
Classicalpor Блицоры | 5 roldas30+0 • Clásicas • Puntuado | 0 | |
Blitz Incrementpor Блицоры | 10 roldas5+2 • Lóstrego • Puntuado | 0 | |
Bulletpor Блицоры | 15 roldas1+0 • Bala • Puntuado | 0 |
Nun torneo suízo (wiki), cada xogador non ten que enfrontarse necesariamente a todos os participantes. Os xogadores enfróntanse un a un en cada rolda e se emparellan mediante un conxunto de regras deseñado para garantir que xoguen con opoñentes cun marcador similar, pero non poden enfrontarse máis dunha vez ao mesmo opoñente. O gañador é o xogador que obteña o maior número de puntos en todas as roldas. Os participantes deben xogar todas as roldas, excepto se hai un número impar de xogadores.
Só os líderes dos equipos poden crear torneos suízos, e só poden participar neles os membros deses equipos.
Únete ou crea un equipo para comezar a xogar en torneos suízos.
Comparación | Torneos Arena | Torneos suízos |
---|---|---|
Duración do torneo | Duración predefinida en minutos | Número máximo predefinido de roldas, pero con duración descoñecida |
Número de partidas | Tantas como se poidan xogar na duración asignada | Decidido de antemán, igual para todos os xogadores |
Sistema de emparellamento | Calquera opoñente dispoñible cunha puntuación similar | Mellor emparellamento baseado en puntos e desempates |
Tempo de espera de emparellamento | Rápido: non agarda por todos os xogadores | Lento: agarda por todos os xogadores |
Emparellamento co mesmo xogador | Posible, pero non consecutivo | Prohibido |
Entrada tardía | Si | Si, ata que comezasen máis da metade das roldas |
Pausa | Si | Si, pero podería reducirse o número de roldas |
Secuencias de vitorias e Berserk | Si | Non |
Similar aos torneos presenciais | Non | Si |
Ilimitado e libre | Si | Si |
Cando usar torneos suízos en lugar de Arenas?Nun torneo suízo, todos os participantes xogan o mesmo número de partidas e só se enfrontan unha vez con cada opoñente.
Pode ser unha boa opción para clubes e torneos oficiais.
Como se calculan os puntos?Unha vitoria equivale a un punto, un empate a medio punto e unha derrota a cero puntos.
Cando un xogador non pode ser emparellado durante unha rolda, recibe un "bye" ou exención de rolda, que vale un punto.
Como se calculan os desempates?Coa puntuación Sonneborn–Berger.
É a suma dos puntos dos rivais derrotados máis a metade dos puntos dos rivais cos que se fai táboas.
Como se deciden os emparellamentos?Co sistema holandés, posto en práctica por bbPairings, de acordo co Manual da FIDE.
Que pasa se o torneo ten máis roldas ca xogadores?Cando se xogaron todos os posibles emparellamentos, o torneo remata e declárase un gañador.
Por que está limitado aos equipos?Os torneos suízos non foron deseñados para o xadrez en liña, pois esixen puntualidade, dedicación e paciencia dos xogadores.
Cremos que é máis probable que se cumpran estas condicións nun equipo que en torneos globais.
Cantas exencións de rolda pode recibir un xogador?Un xogador recibe unha exención de rolda de un punto cada vez que o sistema de emparellamento non é quen de atoparlle un rival.
Ademais, outórgaselle un único "bye" de medio punto ó xogador que se une tarde ó torneo.
Que pasa coas táboas rápidas?Nun torneo suízo non se permiten as táboas en menos de 30 xogadas. Malia que esta medida non evita as táboas pactadas, cando menos dificulta acordalas de improviso.
Que pasa se un xogador non xoga unha partida?O seu reloxo parará, será marcado e perderá a partida.
Logo o sistema botará ao xogador do torneo para que non perda máis partidas.
Poderá volver unirse ao torneo en calquera momento.
Que se fai cos xogadores ausentes?Os xogadores que se inscriben en torneos suízos pero que non xogan as súas partidas poden causar problemas.
Pra mitigar este inconveniente, Chess-Online impide unirse a un torneo suízo durante un período de tempo ós xogadores que non se presentan ás súas partidas.
De calquera maneira, o creador dun torneo suízo pode decidir deixalos participar.
Poden os xogadores unirse a un torneo que xa comezou?Si, pero só antes de que se xogue máis da metade das roldas; por exemplo, nun torneo suízo de 11 roldas, os xogadores poden unirse antes de que comece a 6ª rolda; nun torneo de 12 roldas poden unirse antes de que comece a 7ª rolda.
Os xogadores que se unen tarde reciben un só "bye", mesmo se non se presentan a varias roldas.
Substituirán os torneos suízos ás Arenas?Non, teñen características complementarias.
Que pasa cos "todos contra todos" ("Round Robin")?Gustaríanos engadilos, pero os torneos "todos contra todos" en liña non adoitan funcionar.
O motivo é que non existe unha forma xusta de penalizar ós xogadores que abandonan o torneo de forma temperá. Nun evento en liña non podemos agardar que todos os participantes xoguen todas as súas partidas. Simplemente non vai ocorrer e, como resultado, a maioría dos torneos "todos contra todos" serán imperfectos e inxustos, o que invalida a súa razón de ser.
O formato máis próximo a un torneo "todos contra todos" en liña é un torneo suízo cun número de roldas moi elevado. Desta maneira, xogaranse todos os posibles emparellamentos antes de que finalice o torneo.
Que pasa con outros sistemas de torneos?Polo de agora non temos a intención de engadir máis sistemas de torneos a Chess-Online.